B

Bueu International Short Film Festival
Festival Internacional de curtametraxes celebrado desde 2008 no mes de setembro en Bueu (Galicia). O festival conta cada ano con unha gran variedade de actividades: proxección de curtametraxes, actividades paralelas relacionadas co cinema, charlas, debates, coloquios, actividades infantís, obradoiros de educación cinematográfica, actividades de carácter social, unha residencia audiovisual, etc.
原文语言 : EN
基本信息
- 举办日期
- 未公布
- 地点
- ES
- 投稿截止日期
- 未公布
- 参赛资格
- 未公布
- 字幕
- 未公布
- 官方网站
- https://www.ficbueu.com
- 最后核对
- 2026年9月23日
资讯
O MiniFIC pecha a 19ª edición do FICBUEU
Bueu, 23/09/2026 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) pechou o sábado pasado a súa 19ª edición cunha última xornada do MiniFIC, dedicada ao público infantil, xuvenil e familiar e marcada pola celebración esta mañá da Gala Escolas Galegas. Durante a gala déronse a coñecer os traballos premiados nas dúas categorías educativas.
MINIFIC: cinema e actividades para todos os públicos
Bueu, 16/09/2026 – O sábado 19 de setembro, o MiniFIC estenderá as súas actividades durante toda a xornada e abrirá boa parte da programación ao público xeral. Ás 11.00 horas terá lugar no Auditorio a Gala Escolas Galegas, na que se proxectarán as curtametraxes dos centros de ensino seleccionados e se entregarán os premios das […] O artigo MINIFIC:
Palmarés da 19ª edición do FICBUEU
Bueu, 13/09/2026 – O FICBUEU anunciou o Palmarés da súa 19ª edición. Os premios déronse a coñecer o pasado sábado no Auditorio do Centro Social do Mar durante o acto que puxo o peche á competición desta edición, cunha gala acompañada pola música en directo de Andre Soaxe e Martiño Malleiro Díaz.
O FICBUEU alcanza o ecuador da súa 19ª edición consolidando Bueu como punto de encontro internacional en torno á curtametraxe
Bueu, 9 de setembro de 2026 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) alcanza o ecuador da súa 19ª edición tras unhas primeiras xornadas marcadas pola boa resposta do público e pola presenza en Bueu de cineastas e profesionais chegados de distintos países. A competición internacional está integrada por 28 curtametraxes distribuídas en
Filmes de case unha trintena de países na 19ª edición do FICBUEU
Bueu, 28/08/2026 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) presentará a súa 19ª edición nunha rolda de prensa o vindeiro 1 de setembro no Museo Massó. O festival reunirá filmes de máis case unha trintena de países nunha programación que se abrirá na xornada de inauguración o venres 4 de setembro.
O FICBUEU celebra unha nova edición de Cinema na praia con flocos de millo de variedades autóctonas galegas
Bueu, 24/08/2026 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu celebra unha nova edición de Cinema na praia este venres 28 de agosto na Praia de Bueu (Banda do Río), cunha dobre sesión de curtametraxes ao aire libre e de balde. As proxeccións estarán organizadas en dúas quendas.
FILMIN acollerá algunhas das mellores curtametraxes internacionais que pasaron polas últimas edicións do FICBUEU
Bueu, 21/08/2026 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu contará cunha canle propia en FILMIN, no marco da programación especial que a plataforma dedica aos festivais de cinema. Para esta ocasión, o FICBUEU seleccionou oito curtametraxes internacionais que pasaron por distintas edicións do festival nos últimos anos.
Onde están os límites do cinema? O FICBUEU abre o debate nas súas Xornadas Cinematográficas
Bueu, 14/08/2026 – Ética e política, autocensura, industria e hexemonía cultural centrarán catro encontros con voces da crítica, a creación, a investigación e o pensamento contemporáneo. Onde están os límites do cinema?
A arxentina Magdalena Arau, o iraní Amir Masoud Soheili e o portugués Miguel Dias formarán o xurado oficial do FICBUEU
Bueu, 31/07/2026 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu reunirá profesionais de todo o mundo para decidir un palmarés que repartirá preto de 5.000 euros en premios na súa 19ª edición. O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU), que celebrará a súa décimo novena edición entre o 4 e o 19 de setembro, […] O artigo A arxentina Magdalena
O FICBUEU explora a historia da ciencia ficción a través da curtametraxe na súa XIX edición
Bueu, 23 de xullo do 2026 – O festival, que se celebrará do 4 ao 19 de setembro, dedica a súa retrospectiva e o novo Caderno FICBUEU a analizar como o formato curto foi clave na evolución dun dos xéneros máis influíntes da historia do cinema A ciencia ficción será un dos grandes eixos temáticos […] O artigo O FICBUEU explora a historia da ciencia f